Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a contratación da subministración consistente na adquisición por parte da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do equipamento hardware e software precisos para constituí-la súa plataforma informática.

Por Resolución do 31 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle a subministración á empresa:

Sermática, S.A., importe de adxudicación: 100.000.000 de pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

503