Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Moreda, no río Cobas, termo municipal de Taboada, provincia de Lugo, se aproba o proxecto de execución e se recoñece como instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica. (Expediente CH-LU 2/1997).

Visto o escrito presentado por José Manuel Cortizo Soñora, en representación de Aluminios Cortizo, S.A. con domicilio para efectos de notificacións na estrada Padrón-Noia, Km 2, Padrón, provincia da Coruña, solicitándo autorización administrativa para a modificación da instalación, aprobación do proxecto das novas instalacións electromecánicas e recoñecemento de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica (REPE) da central hidroeléctrica de Moreda, sita no río Coba, termo municipal de Taboada, provincia de Lugo, téñense en conta os seguintes

Feitos

Primeiro: o 27 de febreiro de 1992, Aluminios Cortizo, S.A., solicitou ante a Confederación Hidrográ

fica do Norte, modificación das características da concesión outorgada por ese organismo, ó seu favor, o 29 de outubro de 1991, presentando os documentos a que se refire o artigo 3º do Real decreto 916/1985, do 25 de maio.

A concesión é un aproveitamento hidroeléctrico de 1.500 l/seg. de auga, do arroio Cobas ou Moreda, no lugar nomeado Fervenza, termo municipal de Taboada, provincia de Lugo.

Segundo: a solicitude de autorización administrativa de modificación das características da concesión outorgada o 29 de outubro de 1991 á central de Moreda someteuse a trámite de información pública, para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, seguindo o procedemento establecido no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, polo que se establece o procedemento abreviado de tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación, ampliación e adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos os cales a súa potencia nominal non exceda de 5.000 KVA, modificado por Real decreto 249/1988, de 18 de marzo, inseríndose no BOP de Lugo o 22 de agosto de 1992.

Terceiro: o 19 de novembro de 1992 a Comisión Galega de Medio Ambiente formulou declaración de efectos ambientais do proxecto aproveitamento hidroeléctrico do río Moreda, concello de Taboada (Lugo), promovido por Aluminios Cortizo S.L., establecendo as medidas correctoras, de protección e control ambiental, así como o plan de vixilancia ambiental e os condicionantes para cumprir polo promotor, tanto na fase de construcción como na de explotación das instalacións.

Cuarto: o 6 de xullo de 1994, a Comisaría de Augas da Confederación Hidrográfica do Norte resolveu modifica-la concesión outorgada a Leoncio Cadórniga García por resolución gobernativa do 27 de xullo de 1917 (BOP do 6 de setembro do mesmo ano) e transferida a favor de Aluminios Cortizo, S.A. por resolución da Confederación Hidrográfica do Norte do 29 de outubro de 1991, mantendo o mesmo caudal de 1500 l/seg e ampliando o tramo de río aproveitado, quedando definido entre a cota 445,25 m.s.n.m. correspondente ó máximo nivel normal do encoro creado pola construcción das obras do salto e a cota 342,30 m.s.n.m. do leito augas abaixo, no punto de devolución ó río do caudal de 1,5 m3/seg, cun salto bruto de 101,75 metros.

Quinto: as instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Moreda, segundo o proxecto de execución desta, asinado polo enxeñeiro industrial José Ramón Álvarez Arnau, constan de un equipo productivo, para situar nun edificio de 14,00x10,00 m., constituído polos seguintes elementos:

-Dúas turbinas Francis, de cámara espiral e eixe horizontal, de 600 KW de potencia nominal, velo

cidade nominal de 1.500 r.p.m. e velocidade de embalamento permanente de 2.400 r.p.m.

-Dous xeradores asíncronos trifásicos de 650 KW de potencia en bornas, velocidade de 1.513 r.p.m., tensión nominal de 380 V, cos fi= 0,88 e frecuencia 50 Hz.

-Un transformador de potencia trifásico de 1.600 KVA, grupo de conexión Dyn11, relación de transformación 0,4/20 KV.

-Unha ponte guindastre birrail, de 10 metros de luz entre os carrís, percorrido de gancho de 7 metros e peso máximo de izado 4.000 Kg.

-Celas de trafo de potencia, de interruptor de interconexión, de medida e de liña.

-Instalacións de medida, control, protección e manobra.

Sexto: o 17 de decembro de 1996, o delegado provincial de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable propoñendo a aprobación do proxecto e a inclusión da instalación no réxime especial de instalacións de producción de enerxía eléctrica, grupo f)

Fundamentos de dereito.

Primeiro: a Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente en base ó Estatuto de autonomía de Galicia, ó Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966 e Real decreto 916/1985, do 25 de maio, citado con anterioridade.

Segundo: cumpliuse a tramitación regulamentaria disposta no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro e no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o antedito e no exercicio das competencias que ten atribuidas,

RESOLVE:

1º) Autorizarlle a Aluminios Cortizo, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos reflectidos no proxecto de instalacións electromecánicas central hidroeléctrica, no río Moreda, concello de Taboada, provincia de Lugo.

2º) Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica referida.

3º) Recoñecerlle a esta instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo f) do artigo 2 de dito real decreto.

Queda obrigada a empresa titular da instalación a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa

inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade, medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico, debendo cumprir rigorosamente as medidas correctoras e de protección ambiental e cumpri-los condicionantes impostos na declaración de efectos ambientais, segundo o acordo da Comisión Galega de Medio Ambiente do 19 de novembro de 1992.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado dende a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

462