Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de caza 96/0054/2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción administrativa da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82, do 6-4), e máis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3. Corrección erros nº 112, do 11-5), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio

administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 15 de xaneiro de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: C-96/054/2.

Denunciado: Perfecto A. Varela Gende.

DNI: 78.781.457.

Último enderezo coñecido: Malvares-Rial-Val do Dubra.

Feitos denunciados: cazar de noite desde un vehículo, axudándose dun proxector.

Tipificación Lei de caza:-Artigo: 46.1º.c).

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 multa. Innhab. 2 anos.

2451