Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/178-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A./L.M.T.S., Recosta-Lomba.

Situación: A Pobra.

Características técnicas: L.M.T. aéro-subterránea a 20 kV, de 1.295 m de lonxitude total que parte da L.M.T. Recosta-A Pobra, nunha lonxitude de 412 m aéreos e conductor LA-110 e pasa a subterránea nunha lonxitude de 883 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al, pasando polo C.T. Lomba

e final na L.M.T. aérea A Pobra-Boiro. Reforma do C.T. Lomba. Concello da Pobra do Caramiñal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

418