Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/240-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea, C.T. e R.B.T. finca Guyat.

Situación: Oleiros.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 20 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 12/20 kV, 3(1x240 mm) Al, que parte da L.M.T. subterránea a C.T. autoestrada-Santa Cristina y final no C.T. que se vai construír tipo interior na finca Guyat, Rúa do Inglés de 630 kVA. Concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

416