Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/231-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. E CC.TT. Xemeras e Brai.

Situación: Vilasantar.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.543 m de lonxitude en LA-56 que parte da L.M.T., San Pedro de Mezonzo-Teixeiro e final no C.T. de Xemeras, tipo aéreo.

L.M.T. a 15/20 kV de 285 m de lonxitude en LA-56 que parte o apoio nº 7 da L.M.T. anterior e final no C.T. tipo intemperie de Brai.

CC.TT. de 50 kVA c/u en Xemeras e Brai. Concello de Vilasantar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

423