Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Arderís.
Situación: Boqueixón.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 813 m de lonxitude, en conductor LA-56 que parte do apoio anterior ó C.T. de Rubial e final no C.T. que se vai construír no lugar de Arderís, de 50 kVA. Concello de Boqueixón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 17 de decembro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
422