Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/272-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Nemeño-Corme e derivada a C.T.C. Brantuas de Arriba.

Situación: Ponteceso.

Características técnicas: L.M.T. a 20 kV Nemeño-Corme, de 5119 m de lonxitude, que parte da L.M.T. denominada Nemeño-Cores, expediente número 5369 e final na L.M.T. Corme Arnela, expediente número 50392, e derivada o C.T. Brantuas de Arriba, de 568 m de lonxitude, con orixe na proxectada Nemeño-Corme e final no C.T. que se vai reformar Brantuas de Arriba. Municipio de Ponteceso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

417