Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/47-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., D.C. Meirama-Lesta-Ordes.

Situación: Cerceda-Ordes.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aero-subterráneas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón ou baixo tubo das seguintes características:

-Tramo en triple circuíto aéreo sobre apoios metálicos e con conductor LA-110, de 142 m de lonxitude, con orixe na subestación de Meirama e final no apoio nº 2 de onde partirá un circuíto denominado Meirama-Salgueira.

-Tramo en dobre circuíto aéreo sobre apoios metálicos e de formigión, con conductor LA-110, de 5655 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 46 da anterior liña e final no apoio nº 79.

-Tramo de simple circuíto aéreo sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 5.665 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 79 da liña anterior e final no C.T. Lesta.

-Tramo en simple circuíto soterrado, baixo tubo, e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 171 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 79 da liña descrita Meirama-Lesta-Ordes, e remate na arqueta da liña soterrada existente que alimenta o C.T. Campo da Feira de Ordes. Concellos de Cerceda e Ordes.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 12 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

415