Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/214-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: LL.MM.TT. subterráneas e C.T. Urbanización Oza.

Situación: municipio da Coruña.

Características técnicas: liñas eléctricas e subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductores R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al e R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al:

De 150 m de lonxitude con orixe na liña 10-Eirís (expediente 11921) e final no C.T. que se vai instalar en Urbanización Oza.

De 143 m de lonxitude con orixe na liña S.Rafael-Oza e final en Urbanización Oza.

De 98 m de lonxitude con orixe na liña a Urbanización Oza e final en liña que alimenta o C.T. Sergas-Oza (expediente 11921).

De 98 m de lonxitude con orixe na Urbanización Oza e final na liña que alimenta o C.T. Astilleros Valiña.

De 101 m de lonxitude Oza-Varaderos Coruña.

De 81 m de lonxitude Oza-Varaderos Oza. Centro de transformación tipo, caseta, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

420