Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.007

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (20/1997-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo sobre medidas provisionais perante este xulgado, por instancia de María José Rey Fernández, representada pola procuradora Goimil Martínez, contra Sergio-Manuel López Domínguez, por medio da presente cédula cítase a Sergio-Manuel López Domínguez con domicilio actual descoñecido co fin de que o día 20 de febreiro ás doce trinta horas, compareza perante este xulgado por medio de avogado e procurador, co obxecto de asistir á celebración de xuízo, coa prevención que, de non o facer, será declarado en rebeldía e caerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación a Sergio-Manuel López Domínguez, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o catorce de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

391