Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.007

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (16/1997-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo separación 16/1997, que se segue neste xulgado por instancia de María José Rey Fernández, representada pola procuradora Goimil Martínez, contra Sergio-Manuel López Domínguez, por medio da presente cédula emprázase o referido demandado, con domicilio actual descoñecido, co fin de que no prazo de vinte días, compareza en autos e conteste a demanda, coa prevención de que, de non o facer, será declarado en rebeldía e se dará por contestada a demanda, notificándolle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento a Sergio-Manuel López Domínguez, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o catorce de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

390