Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.006

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (107/1996).

Manuela González Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón,

Fai saber: que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario declarativo de menor contía nº 107/1996, por instancia de Eleuterio Bustelo Reboiras, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz contra, entre outros, herdeiros descoñecidos e incertos de Dolores Freire e persoas descoñecidas e incertas, con domicilio descoñecido, nos cales por medio de resolución desta data, se acordou empraza-los referidos demandados para que no termo de dez días comparezan en autos, constituíndose en parte representados por procurador e asistidos de letrado, baixo apercibimento de que, de non compareceren, serán declarados en rebeldía, recaendo neles o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para a súa inserción nos xornais oficiais e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e que lles sirva de emprazamento en forma ós demandados, herdeiros descoñecidos e incertos de Dolores Freire e persoas descoñecidas e incertas, expido o presente edicto en Padrón o sete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

389