Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.006

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (214/1996).

En virtude do acordado pola xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido xudicial, María Evelia Marcos Arroyo, de conformidade coa resolución dictada con esta data nos autos de xuízo de cognición nº 214/1996 nos que, pola parte demandante GMAC España S.A. Financiación, se pediu o emprazamento dos demandados Ricardo Blanco González e Carmen Miguens Leis, para que no prazo de nove días comparezan en autos e contesten á demanda de o creren oportuno, coa prevención de que, non o facer no prazo concedido, serán declarados en rebeldía, dándose por contestada a demanda e seguindo o xuízo o seu curso e notificándose na sede do xulgado a resolución en que así se acorde e as demais que se dicten.

E para que así conste e lles sirva de emprazamento ós demandados Ricardo Blanco González e Carmen Miguens Leis, expido o presente edicto que asino en Padrón o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A xuíza

Rubricado

A oficial habilitada

Rubricado

357