Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.006

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (257/1996).

En virtude do disposto polo xuíz deste xulgado, por resolución do día da data, dictada nos autos de xuízo voluntario de testamentaría que neste xulgado se segue baixo o nº 257/1996, por instancia de María Adelina Trillo Tuñas, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, cítase a calquera persoa descoñecida e incerta que se crea con dereito sobre as herdanzas dos causantes Eduardo Trillo Aller e Rosa Tuñas Pensado, así como ós posibles acredores, para que comparezan por si ou por medio de procurador con poder declarado bastante perante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, sito en rúa do Carme, 3-baixo, no prazo de dez días, para usar do seu dereito no devandito xuízo e caso de falecer, poderán comparece-los seus herdeiros, coa prevención de

que, de non compareceren, se continuará o xuízo sen volvelos citar.

E para que conste e lles sirva de citación en forma ás persoas que se indican, expido o presente edicto en Negreira o 7 de xaneiro de 1997.

O secretario xudicial

Rubricado

353