Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.006

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (247/1996).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa séguese expediente de nomeamento de contador partidor dativo por instancia de María Enriqueta Furelos Codesido e Manuel Furelos Codesido para a designación de contador partidor dativo da causante María Codesido Furelos; por providencia do 13 de xaneiro de 1997 acordouse ter por promovido o devandito expediente e citar para el os herdeiros descoñecidos e incertos de Victoria Furelos Codesido.

O que se fai público polo presente edicto, que lles sirva de citación a estes co fin de que comparezan os interesados á xunta para o nomeamento de contador partidor dativo, o vindeiro día 21 de marzo de 1997, ás dez horas na sala de audiencias deste xulgado, advertíndolles que, de non comparecer, se entenderá que se conforman co contador partidor designado polos demais interesados.

En Arzúa o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

356