Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.005

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DOUS DE XIXÓN

EDICTO (617/1996).

Eu, José Alberto Rodríguez Carretero, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Xixón, fago saber, que neste xulgado e co número 617/1996 se tramita procedemento de xurisdicción voluntaria sobre alleamento de bens de incapaz, por instancia de Pilar Pena López, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa, polo termo de trinta días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que teña lugar o acto do remate o día trece de marzo ás dez horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado, no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina do Pazo de Xustiza de Xixón nº 3285, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento, e sen este requisito non serán admitidos, e non se aceptará diñeiro en metálico nin en cheques.

Terceiro.-Tódolos gastos e impostos que se deriven da adxudicación serán de conta do adquirente, así como o importe da taxación pericial e anuncio da poxa.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Os autos estarán de manifesto na secretaría do xulgado, onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas.

Quinto.-Non se poderá cede-lo remate a terceiros.

Se, por forza maior ou causas alleas ó xulgado, non puidese celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Participación proindiviso do predio situado no lugar de Promontoiro ou Barreiro e Visiteo, da parroquia de San Salvador de Serantes, A Cabana, O Cruce número 117, concello de Ferrol, que ten unha superficie total de 2.156 m aproximadamente, sobre a

que se atopa unha casa en estado ruinoso. Valor da participación: 4.308.910 ptas.

Dado en Xixón o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

396