Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro
(Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo), e artigo 17, e do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27),
Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento para o día 12 de febreiro de 1997, ás 10 horas; estes realizaranse polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.
Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).
Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.
Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:
-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.
-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.
-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.
As relacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 7 de febreiro de 1997, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).
Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.
Madrid, 7 de xaneiro de 1997.
Francisco Michavila
Secretario xeral do Consello de Universidades
Sr. Vicesecretario Xeral do Consello de Universidades
ANEXO
Universidade: A Coruña.
Concursos convocados por resolución da universidade do 1-6-1994 e BOE do 29-6-1994.
Concurso nº: 26.
Nº sorteo: 31885.
Corpo: catedráticos de universidade.
Área de coñecemento: enxeñería hidráulica.
Presidente titular: Agustín Sánchez-Arcilla Conejo.
Vocal secretario titular: Vicente Fullana Serra.
363