Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.007

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (501/1996).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse, co nº 501/1996, autos de xuízo executivo, por instancia de Banco de Galicia, representado polo procurador Caamaño Queijo, contra Farelo Ingeniería, S.A., que tivo no seu domicilio social na rúa dos Feáns, portal 9-C, 2º A, Santiago de Compostela, e contra Eduardo del Río Arias, con igual domicilio có anterior, e actualmente ambos en paradoiro descoñecido para a parte demandante.

Por medio da presente cédula son citados de remate os ditos demandados, co fin de que dentro do termo de nove días comparezcan nos autos e se opoñan á execución, se lles conviñese. Fáiselles saber que se decretou embargo sobre bens seus, sinalados pola parte demandante, sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse os domicilios que teñan na actualidade.

Dada en Santiago de Compostela, o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

595