Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de decembro de 1996 pola que se anuncian as axudas económicas destinadas a subvenciona-la realización de obras de construcción, reforma e rehabilitación así como o equipamento das casas dos concellos.

Advertidos erros no texto da devandita orde, publicada no DOG número 6 do pasado venres 10 de xaneiro, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 287, o segundo parágrafo do artigo 1º.1 debe dicir: «Estas subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.761.0, programa 123.A, ta unha contía máxima de trescentos corenta millóns de pesetas (340.000.000), correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, condicionándose o dito gasto á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento do exercicio do ano 1997, neste momento en trámite parlamentario».

97-133