Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador M-54/1996 (montes e industrias forestais-Pontevedra).

Facendo uso da notificación prevista no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse en coñecemento das persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción do Regulamento de montes, Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei de montes, do 8 de xuño de 1957, designando instructor a María Orjales Pita e secretaria a Mª Magdalena Santiago Pereira, podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada Lei procedemental.

De conformidade co artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular alegacións, aportar documentos ou propoñer probas que conveñan ó seu dereito, advirtíndolle que de non facelo no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución por darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto antes mencionado.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: M-54/1996.

Denunciado: Jaime Alonso Alonso.

Último enderezo coñecido: Filgueiras-Chenlo (O Porriño).

Feito denunciado: ocupación de 600 m de terreo no monte Cotiño, pertecente á entidade local menor de Chenlo, concello do Porriño, o día 23-9-1996.

Precepto infrinxido: artigo 410 do Regulamento de montes. Decreto 485 do 22-2-1962.

Precepto sancionador: artigo 410 do Regulamento de montes. Decreto 485 do 22-2-1962.

Sanción: multa de 20.570 ptas. Indemnización, danos e perdas de 20.570 ptas.

461