Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do procedemento sancionador de montes 96/058MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957 (BOE número 151), e do seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

O importe sa sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia, O.P. no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

No obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra este resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1997.

Rogelio Aramburo Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO I

Expediente: 96/058MP.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: María Rivera López. R/ Curro-San Xoán. Ferrol. 32.509.386.

Feitos denunciados: cortar sen autorización do MAN, árbores de crecemento lento.

Precepto infrinxido: 432 do Regulamento de Montes.

Precepto sancionador: 432 do Regulamento de Montes.

Sanción: 88.500 ptas.

565