Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/197-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. aéreo-subterránea, alimentación ó estadio de Narón.

Situación: Narón.

Características técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea de 1.239 m de lonxitude total, dos cales os 1.005 primeiros será aéreos en conductor LA-110, 234 m restantes serán subterráneos, en conductor R.H.V. de 95 mm, que parte da L.M.T. existente no polígono do Pozo e final no futuro C.T. do estadio de Narón. Concello de Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

460