Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/226-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Meirama-As Encrobas e deriv.

Situación: municipio de Cerceda.

Características técnicas: modificación da liña de Meirama-As Encrobas autorizada no expediente 50264, con orixe no apoio de derivación a C.T. Limensa e final no apoio número 15, cunha lonxitude de 3.477 m; liña aérea con conductor de aluminio sobre apoios de formigón e metálicos a 20 kV.

Dous ramais de 70 m e 65 m de lonxitude, por alimentación de dous trafos, tipo intemperie, nos lugares de Cotiño e Gontón, de 25 e 100 kVA de potencia. Municipio de Cerceda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

408