Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/264-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado 1 da L.M.T. a C.T. Monte Aberto.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: modificado 1 para separar do vetedoiro de Bens a L.M.T. actual o C.T. Monte Aberto que consiste en L.M.T. aérea a 15/20 kV de 853 m de lonxitude que parte do C.T. denominado Caoten e final no apoio número 8 da actual ó C.T. Monte Aberto. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

409