Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/263-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterráneas fuso Piñón-Simago.

Situación: Ferrol (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 195 m de lonxitude con orixe no C.T. Muralla e fina no C.T. Almendra.

L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 310 m de lonxitude con orixe no C.T. Almendra e final no C.T. Sánchez Aguilera.

L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 150 m de lonxitude con orixe no C.T. Sánchez Aguilera en final no C.T. Dr. Fleming.

L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 390 m de lonxitude con orixe no C.T. Dr. Fleming e final no C.T. San Xulián. Ferrol. Provincia da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

411