Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia o concurso público aberto para a contratación da subministración de impresos de autoliquidación de taxas con destino á Consellería de Economía e Facenda.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público polo procedemento aberto para a contratación dunha subministración de impresos de autoliquidación de taxas con destino á Consellería

de Economía e Facenda; as características básicas da contratación son as seguintes:

Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, Tfno. 54 41 34. Expediente 2/1997.

Obxecto do contrato: subministración de impresos de autoliquidación de taxas con destino á Consellería de Economía e Facenda.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

Orzamento base de licitación: importe total, cinco millóns trescentas trinta mil pesetas 5.330.000 ptas.) IVE incluído.

Garantía provisional: cento seis mil seiscentas ptas.

Obtención da documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano, s/n, CP 15704. Santiago de Compostela, Tfno. 54 41 34, telefax 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n, CP 15704, Santiago de Compostela.

Apertura de ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 10 horas do quinto día, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

406