Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/259-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Fernando Macías, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación módulo de liña a 66 kV en S.E. Boiro.

Situación: Boiro.

Características técnicas: ampliación da subestación transformadora denominada Boiro (expediente 32541) sita en Sandrenzo, parroquia de Cespón, municipio de Boiro, dotándoa dun novo módulo de 66 kV para interconexión da liña a 66 kV á factoría de Jealsa. Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

407