Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 940

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Deportes Aéreos.

Visto o estatuto da federación e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 2-12-1995.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995, de desenvolvemento do Decreo 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte, e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co Artigo 4 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega de Deportes Aéreos

Fegada. 1996

Capítulo I

Disposicións xerais

Sección primeira

Réxime xurídico

Artigo 1º

A Federación Galega dos Deportes Aéreos (Fegada), como entidade que reúne as asociacións deportivas, clubs deportivos, deportistas, técnicos, xuíces e outros colectivos dedicados á práctica e promoción das especialidades deportivas aéreas no ámbito territorial da Comunidade Autonoma de Galicia, rexeranse polas leis que en materia deportiva dispoñan as autoridades autonómicas e do Estado, polo dereito propio da Comunidade de Galicia, así como polos presentes estatutos e regulamentacións internas que, respectando as normas anteriores, sexan debidamente aprobados. E de forma subsidiaria polos regulamentos da Federación Española dos Deportes Areos (FENDA), na que se integrará nos termos que se determinan na lexilación vixente.

Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins. Non ten ánimo de lucro. Ten patrimonio propio e independente do dos seus asociados.

Artigo 2º

O domicilio da Fegada encóntrase en Vigo, rúa Marqués de Valladares, número 23, piso 4º, oficina 7, podendo ser trasladado por acordo da asemblea xeral por proposta da nova xunta directiva.

Artigo 3º

A Fegada agrupa a varias especialidades deportivas integradas na modalidade: deportes aéreos. As ditas modalidades deportivas integradas son as seguintes:

-Aeromodelismo.-Voo acrobático.

-Aerostación-Voo ceibe.

-Paracaidismo-Voo con motor.

-Parapente.-Voo a vela.

-Ultralixeiros.

A Fegada, poderá integrar, por acordo da xunta directiva e posterior ratificación da asemblea xeral, outras especialidades deportivas aeronáuticas que poderán crearse no futuro.

Artigo 4º

O ámbito territorial da actuación da Fegada axústase ó da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5º

A Fegada non permitirá discriminación ninguha de carácter político, relixioso ou racial, ou por razóns de nacemento, de opinión ou outra circunstancia persoal ou social, na práctica dos deportes que constitúen o ámbito da sua actividade, nin das persoas, órganos ou estamentos que a integran, nin nos deportistas a ela suxeitos.

Artigo 6º

O obxecto social da Fegada é a promoción e control dos deportes aéreos na Galicia, con especial atención a seguridade, reforzando o deporte de base e creando un contorno que permita ós deportistas de competición alcanza-lo nivel técnico necesario para equipararse ós de máximo nivel nacional e internacional.

Sección segunda

Funcións

Artigo 7º

1, A Fegada, ademais das súas actividades propias de goberno, administracción, xestión, organización e regulamentación das especialidades deportivas que corresponden á modalidade de deportes aéreos, exerce baixo a coordinación e tutela do órgano competente en materia deportiva da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas de carácter administractivo:

a) Cualificar e organizar, se é o caso, as actividades e competicións oficiais de dentro da Comunidade Autonoma de Galicia.

Para estes efectos, a organización de tales competicios enténdese referida á regulación do marco xeral delas, segundo se estableza na normativa federativa correspondente.

b) Deseñar, elaborar, e executa-los plans de preparación dos deportistas de alto nivel nas súas respectivas especialidades deportivas, así como par

ticipar na elabouración das listas anuais deles.

c) Colabourar coa Administracción autonómica na formación de técnicos deportivos e na prevención, control e represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentados no deporte.

d) Organizar ou tutela-las competicións de carácter nacional que se celebren no territorio de Galicia.

e) Exerce-la potestade disciplinaria deportiva, nos termos establecidos nas leis do Estado e autonomías, as súas especificas disposicións de desenvolvemento e os seus estatutos e regulamentos.

f) Exerce-lo control das subvencións que asigne ás asociacións e entidades deportivas nas condicións que fixe o organismo autonómico competente en materia deportiva.

g) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

2. A Fegada desempeña con respecto dos seus asociados, as funcións de tutela, control e supervisión que lle recoñece o ordenamento xurídico deportivo.

3. Os actos realizados pola Fegada no exercicio das súas funcións publicas de carácter administrativo, son susceptibles de recurso ante o organismo deportivo autonómico competente, as súas resolucións esgotan a vía administractiva.

4. Poderá propoñer ás autoridades deportivas e conceder, cando sexa da súa competencia, as medallas, placas ou recompensas ás entidades, clubs ou persoas que estime procedente.

5. A Fegada potenciará o deporte de base e xuvenil, e fomentará o deporte para todos, coidando da divulgación dos deportes aéreos no seu ámbito territorial, organizando por si, ou de común acordo cos estamentos públicos ou privados e entidades membros, as manifestacións deportivas de promoción, divulgación e competición das súas diferentes especialidades deportivas.

Artigo 8º

1. Para a cualificación das competicións oficiais de ámbito autonómico FEGAD, terá en conta os seguintes criterios:

-Nivel técnico da competición.

-Importancia dela no contexto deportivo galego.

-Capacidade e experiencia organizativa da entidade promotora.

-Tradición na competición.

-Trascendencia dos resultados para efectos de participación en probas nacionais.

-Novas zonas de voo.

2. As competicións oficiais de ámbito galego deberán estar abertas a tódolos clubs e deportistas da especialidade deportiva, non tendo en conta discri

minacións de ningún tipo, a excepción das derivadas das condicions técnicas de natureza deportiva.

3. Os deportistas participantes terán que estar en posesión dunha licencia deportiva que habilite para tal participación.

Sección terceira

Emblemas

Artigo 9º

O emblema da Fegada é:

Capítulo II

Órgano de goberno e representación

Artigo 10º

1. Son órganos de goberno e representación: a asemblea xeral e o presidente.

2. Como órgano colexiado de xestión e execución, o presidente nomeará a xunta directiva.

3. Serán órganos electivos o presidente, a asemblea xeral e a súa comisión delegada e tódolos que os presentes estatutos establezan como tales.

4. Os cargos ou órganos que non teñan expresamente recollidos nestes estatutos o seu sistema de elección, serán designados e revogados libremente polo presidente.

5. Como órganos sancionadores e xurisdiccionais establécense o comité de competición e o Comité Federativo de Disciplina Deportiva.

6. Existirá unha comisión técnica por cada unha das especialidades aero-deportivas, recollidas nestes estatutos, que teñan actividade deportiva recoñecida.

7 . Existirá un comité de xuíces, así como aqueloutros comités que para un bo funcionamento da Fegada sexa aconsellable crear. A creación dun novo comité realizarase por acordo da xunta directiva, quen o trasladará a próxima asemblea xeral para a súa ratificación.

Artigo 11º

1 . A asemblea xeral é o órgano superior da Fegada, no que poderán estar representadas persoas físicas e as entidades ás que se refire o artigo 1º dos presentes estatutos.

2 . Os membros da asemblea xeral serán elixidos cada catro anos, coincidindo cos anos de Xogos Olímpicos de inverno, por sufraxio libre, igual, directo e

secreto de entre e polos compoñentes de cada estamento das especialidades correspondentes.

Artigo 12º

1 . A consideración de electores e elixibles para os órganos de goberno e representación recoñéceselle a:

a) Os deportistas maiores de idade que teñan licencia en vigor, homologada pola Fegada, no momento da convocatoria das eleccións e a tiveran na temporada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial e, polo menos, de ámbito autonómico galego. Naquelas modalidades onde non exista competición ou actividade do dito carácter, bastará a posesión da licencia deportiva e os requisitos de idade.

b) Os clubs e asociacións que recolle o artigo 1º dos presentes estatutos, inscritos na Fegada nas mesmas circunstancias que as sinaladas no parágrafo anterior.

c) Os técnicos e xuíces e outros colectivos interesados en similares circunstancias ás sinaladas no citado parágrafo a).

2. Para ser membro da asemblea xeral, ademais, requírese:

a) Non ter sido declarado incapaz por decisión xudicial firme.

b) Non sufrir sanción deportiva que o inhabilite.

c) Non ter sido condeado mediante sentencia xudicial que leve anexa pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo público.

d) Reuni-los requisitos específicos propios de cada estamento deportivo que sexan fixados nos regulamentos electorais.

3. Os membros da asemblea xeral formarán parte dela mentres cumpran os requisitos polos que foron elixidos no seu respectivo estamento. Se se producen vacantes serán cubertas polos seguintes candidatos mais votados.

4. A representación na asemblea xeral dos distintos estamentos deportivos responderá ás seguintes proporcións:

a) Entidades deportivas inscritas na Fegada, entre un 60% e un 75%.

b) Deportistas, ata un máximo do 20%.

c) Técnicos, ata un máximo do 5%.

d) Xuíces, ata un máximo do 5%.

e) Outros colectivos, se os houbera, ata un máximo do 10%.

5. O número de membros da asemblea fixarase na convocatoria de eleccións dela.

6. A Asemblea xeral reunirase unha vez ó ano, en sesión plenaria, necesariamente antes de comeza-la nova tempada deportiva, para os fins da súa competencia e como mínimo para a aprobación de novos orzamentos e liquidación do anterior, aprobación do

calendario deportivo, e das bases ou regulamentos que rexerán a competición e para a aprobación da memoria de actividades anuais. As demais reunións, terán carácter extraordinario e poderán ser convocadas por iniciativa do presidente ou por proposta dun numero de membros da asemblea non inferior o 25%.

Presentada a solicitude de convocatoria por un número de membros suficiente, o presidente deberá convocala necesariamente no prazo de 10 días naturais. Desde a convocatoria ata a data de celebración da asemblea non poderán transcorrer mais de 20 días naturais.

7 . A convocatoria a asemblea xeral, deberá conte-la orde do día da reunión, e farase pública no taboleiro de anuncios da federación con 10 días de antelación a data da celebración notificándose individualmente a cada un dos membros da asemblea, coa mesma antelación, por calquera medio que permita ter constancia da data de recepción dela.

8. A asemblea quedará validamente constituída cando concorran na primeira convocatoria a metade máis un dos seus membros, e na segunda convocatoria, que terá lugar media hora mais tarde, calquera que sexa o número de asistentes.

9 . O voto será persoal. Non se admitirá a delegación do voto salvo o correspondente ós clubs deportivos que poderán exercelo o seu presidente ou o membro de seu club en quen se delegue, sempre que non sexa membro da asemblea da federación, de acordo cos seus propios estatutos con carácter expreso e escrito para cada reunión. Ninguén poderá ter máis dunha delegación de voto.

Artigo 13º

1 . Correspóndelle á asemblea xeral, con carácter necesario:

a) A aprobación do orzamento anual.

b) A aprobación do calendario deportivo.

c) A aprobación e modificación dos estatutos.

d) A elección e cesamento do presidente.

e) A aprobación dos regulamentos.

2. Igualmente son competencias da asemblea xeral as seguintes:

a) A aprobación do cambio de enderezo da Fegada.

b) A aprobación da adquisición, gravamen e alleamento de bens inmobles; cando o importe sexa igoal ou superior a o 10% do orzamento de Fegada.

c) A aprobación da solicitude e contratación de préstamos, cando o importe deles sexa superior ó 10% do orzamento de Fegada.

d) A aprobación ou censura da xestión e actuación da xunta directiva e do presidente da Fegada.

e) Aprobar calquera tipo de acto ou acordo que non estea expresamente recollido nas competencias do presidente, da xunta directiva ou comisión delegada.

Artigo 14º

A asemblea xeral estará constituída por:

a) Os presidentes e representantes legais dos clubs e asociacións federadas que cumpran cos requisitos do artigo 12º dos presentes estatutos, en número por especialidade deportiva que se determine nos regulamentos electorais.

b) Polo menos, un deportista por especialidade deportiva, elixidos entre e polo seu colectivo, sempre que perteneza a un club da dita especialidade inscrito na Fegada.

c) O número de técnicos e xuíces que se determine regulamentariamente.

d) Outros estamentos se os houbese.

e) Ademais asistirán:

Os presidentes das comisións técnicas de especialidade, elixidos entre os membros da súa respectiva comisión técnica como determinen os seus regulamentos.

Os membros da xunta directiva de Fegada.

Os membros da xunta directiva ou presidentes de comisións técnicas que non sexan electos da asemblea xeral terán acceso con dereito a voz, mais sen voto.

Artigo 15º

O proceso electoral desenvolverase segundo o disposto na lexislación vixente en materia deportiva e polo regulamento federativo que a desenvolva e que ten que ser aprobado na asemblea xeral extraordinaria que convoque as eleccións.

Artigo 16º

Os acordos para temas ordinarios adoptaranse por maioría simple, e para os temas extraordinarios precisarase unha maioría non inferior á metade dos membros asistentes á asemblea extraordinaria.

Artigo 17º

A asemblea xeral e competente para coñecer tódolos asuntos que concernen ós seus estamentos federados, sen limitación ningunha, logo da súa inclusión no orde do dia. As propostas dos clubs, deportistas e demais estamentos, deberán de ter entrada na Fegada 5 días antes da celebración da asemblea e terán que ser presentados por membros dela.

Artigo 18º

Poderán acudir en condición de convidados á asemblea, para cada convocatoria, con voz mais sen voto, quen determine a comisión delegada.

Artigo 19º

Poderá asistir nos mesmos termos do artigo 18º o presidente do último mandato.

A comisión delegada da asemblea xeral

Artigo 20º

1 . A comisión delegada será elixida entre e pola asemblea xeral mediante sufraxio entre seus membros. O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral.

2. O número de membros da comisión delegada será o 15% dos membros da asemblea xeral. En ningún caso este número será inferior a 5 nin superior a 15.

3. O presidente da Fegada, convocará a comisión delegada, que se reunirá, como mínimo, cada catro meses, para os fins da súa competencia e polo menos para realiza-lo seguimento da xestión deportiva e económica da federación. Os acordos tomaranse por maioría simple de votos dos presentes. Non se admitirá a delegación do voto e en caso de empate será dirimente o voto do presidente da Fegada, que presidirá tódalas reunións.

Artigo 21º

Correspóndelle a comisión delegada:

a) A modificación do calendario deportivo.

b) A modificación dos orzamentos.

As modificacións non poderán excede-los límites e criterios que a asemblea xeral estableza.

As propostas sobre estes temas correspóndenlle ó presidente da Fegada ou ós dous tercios dos membros da comisión delegada.

c) A elaboración dun informe previo a aprobación dos orzamentos.

d) O seguimento da xestión deportiva e económica da Fegada, mediante a elaboración dun informe anual á asemblea xeral, sobre a memoria de actividades e a liquidación do orzamento.

e) Autoriza-la adquisición, gravame e alleamento de bens inmobles ata un límite inferior ó 10% do orzamento da Fegada. Para esta autorización será preciso un quorum do 50% dos membros da comisión delegada.

f) A aprobación da solicitude e contratación de préstamos por importes inferiores ó 10% do orzamento total da Fegada, por proposta da xunta directiva.

g) Determina-la condición de convidados á asemblea xeral.

O presidente

Artigo 22º

1. O presidente da Fegada, é o órgano executivo dela, ostenta a súa representación legal, convoca e preside os seus órganos de goberno, e executa os acordos deles.

2. Será elixido cada catro anos, coincidindo cos anos dos Xogos Olimpicos de inverno, mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto, polos membros da asemblea xeral. Os candidatos, que poderán non ser da asemblea, deberán de ser presentados por un minimo do 10% dos membros da asemblea e a súa elección producirase por un sistema de dobre volta, no caso de que na primeira volta ningún dos candidatos alcance a maioría absoluta dos votos emitidos.

3. Para ser presidente da Fegada requírese te-la condición política de galego, e as mesmas condicións ás que se refire o artigo 12º, parágrafo segundo, e reuni-los requisitos propios de cada estamento deportivo, fixados no mesmo artigo no seu parágrafo primeiro. No caso de ser elixido presidente, cesará nas súas actividades técnicas ou directivas en calquera das actividades deportivas da Fegada.

4. O presidente da Fegada serao tamén da asemblea e da xunta directiva, con voto de calidade no caso de empate na adopción de acordos dos ditos órganos.

Artigo 23º

1. Corresponde ó presidente da Fegada, designar e revogar con liberdade ós membros da xunta directiva, así como ós presidentes de comités, excepto ós presidentes das comisións técnicas de cada especialidade e o Comité de Discipliña Deportiva, que serán elixidos, respectivamente, segundo o especificado nos artigos 33º e 49º dos presentes estatutos, dando conta de calquera novo nomeamento ou cesamento na próxima asemblea xeral que realice.

2. O presidente, como executor dos acordos dos órganos de goberno e como representante legal da Fegada correspóndelle a representación xurídica da federación, podendo, en consecuencia, executar actos e celebra-los contratos que sexan necesarios ou convenientes para a realización dos obxectivos da federación, sen exceptua-los que traten da adquisición de bens incluso inmobles, logo do acordo da asemblea xeral ou da comisión delegada, se é o caso; concertar toda caste de préstamos con liberdade de pactos e condicións, coa banca privada ou pública ou oficial, institutos de crédito, caixas de aforros, con acordo previo da asemblea xeral ou da comisión delegada en sesión plenaria, de acordo á cuantía do préstamo solicitado; outorgar poderes a procuradores dos tribunais e avogados e persoas que con liberdade designe con facultades especiais, logo do acordo da xunta directiva; representa-la federación ante toda caste de organismos da Xunta de Galicia, provincia ou municipio e ostenta-la

representación ante xulgados e tribunais, e exerce-las accións civís, criminais e económico-administractivas e contencioso administrativas en tódalas instancias, abrir contas correntes, cancela-las constituídas, nomear e destituír persoal que preste servicio na federación.

Artigo 24º

1 . O presidente cesará nas súas funcións por conclusión do mandato de catro anos, demisión, incapacidade legalmente declarada ou falecemento. Tamén cesará na súa función como consecuencia de moción de censura aprobada con arreglo ó seguinte:

A moción de censura ó presidente deberá de ser presentada nunha reunión extraordinaria da asemblea xeral. Para convoca-la citada reunión será necesario o acordo de polo menos un tercio dos membros da asemblea, e deberá constar expresamente na orde do día a moción de censura ó presidente da Fegada e a presentación do candidato a novo presidente en substitución do presidente obxecto da censura, terá pois

carácter de moción de censura constructiva e de prospera-lo aspirante será nomeado presidente con carácter inmediato.

A asemblea oirá a ámbalas dúas partes.

Para que prospere a moción de censura será preciso o voto favorable de polo menos a metade máis un dos votos emitidos.

No caso de que non prosperase a moción de censura, non poderá presentarse outra mentres non transcorra un prazo minimo dun ano polo mesmo candidato e seis meses por outro candidato.

Artigo 25º

O presidente estará obrigado a executa-los acordos validamente adoptados pola asemblea xeral e a xunta directiva.

A xunta directiva

Artigo 26º

1 . A xunta directiva da Fegada, é o órgano colexiado de xestión, sendo seus membros designados e revogados libremente polo presidente, salvo os presidentes de comisións técnicas de especialidade que son vocales natos da xunta directiva con dereito a voto.

2 . A xunta directiva reunirase en pleno polo menos unha vez por trimestre ou cando estime oportuno o presidente ou sexa solicitado pola cuarta parte dos seus membros, adoptando os acordos por maioría simple dos seus membros asistentes, no caso de empate o voto do presidente será dirimente. As reunións serán convocadas con sete días de anticipación.

Artigo 27º

Para poder ser membro da xunta directiva da Fegada terá que reuní-las seguintes condicións:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo dispón o Estatuto de autonomía.

b) Ser mior de idade

c) Estar en pleno uso dos dereitos civis.

d) Non ter incorrido en ningunha sanción deportiva que o inhabilite, dictada pola Fegada, ou por órgano competente en materia deportiva da Xunta de Galicia.

e) Non poderán desempeñar cargos directivos na Fegada, aquelas persoas que obteñan proveito material derivado de actividades económicas comerciais ou industriais procedente de entidades mercantís que desenvolvan actividades relacionadas cos deportes aéreos.

Artigo 28º

A xunta directiva estará composta por:

a) O presidente da Fegada, que a presidirá.

b) Os vicepresidentes que serán un máximo de catro, un por cada provincia galega substituirán ó presidente en tódalas súas funcións facultades cando sexa necesario ou por causa de enfermidade, ausencia, delegación ou calquera outra imposibilidade física ou legal; terán a delegación presidencial na súa provincia

e colaborarán con carácter xeral en tódalas actividades federativas.

O vicepresidente 1º, deberá ser membro da asemblea xeral.

c) O tesoureiro, que terá ó seu cargo a dirección económico adeministractiva da Fegada, é en consecuencia, coidará que se leven debidamente as operacións de cobros e pagos; acompañará coa súa sinatura, mancomunada, a do presidente, vicepresidente ou secretario, tódolos documentos de movemento de fondos; formulará balances que presentará periodicamente á xunta directiva e o que anualmente se establece pola asemblea xeral. Regulamentará o gasto, exercerá a inspección económica de tódolos órganos federativos e comunicará á xunta directiva as infracións das normas que regulen a vida económica da federación. Calquera outra función que obrigue a Fegada en función de acordos da súa asemblea xeral ou a aplicación da lexislación vixente, en materia da súa competencia.

d) O secretario xeral: que asistirá ás reunións dos órganos da Fegada para cumpri-los cometidos propios do seu cargo, é terá as competencias previstas no artigo 31º dos presentes estatutos.

e) Os presidentes das comisións técnicas de especialidade, elixidos de entre o seu colectivo segundo se establece regulamentariamente.

f) Vocais: serán nomeados os que o presidente estime necesarios, ata o máximo permitido polo vixente ordenamento legal, existirá un vocal en representación do comité de xuíces e outro do comité de técnicos.

Artigo 29º

Correspóndelle á xunta directiva:

1. A elaboración dos orzamentos.

O seguimento da xestión deportiva e económica da Fegada, mediante a elaboración dun informe anual á comisión delegada, sobre a memoria de actividades e a liquidación do orzamento.

2 . A aprobación da solicitude e contratación de préstamos, por importe de menor contía que os previstos para a comisión delegada.

A elaboración dun informe previo á aprobación dos regulamentos.

Ratificar cargos antes do seu coñecemento na asemblea xeral.

Artigo 30º

1. A xunta directiva poderase reunir en comisión permanente, para resolver aqueles asuntos que requíran decisión urxente e que non comporten desacordos coas decisións da asemblea xeral, é colaborará en todas aquelas funcións que sexan competencia da xunta directiva dando conta ó Pleno da xunta directiva na seguinte reunión

2 . Estará formada necesariamente polo presidente, tesoureiro, é o secretario xeral; poderase integrar a

esta comisión, por que así o estime o presidente, calquera outro membro da xunta directiva.

3. A comisión permanente da xunta directiva reunirase cando o estime oportuno o presidente.

Artigo 31º

O secretario xeral, auxiliará á xunta directiva, como órgano de adeministración da Fegada. Son as súas competencias :

a) Ten a xefatura de persoal da Fegada.

b) Coida da boa orde de tódalas dependencias federativas.

c) Organiza a correspondencia oficial da Fegada é verifica que se realice un rexistro de entrada é saída dela.

d) Organiza, mantén e custodia o arquivo da Fegada.

e) Coordina a actuación dos diversos órganos da Fegada.

f) Vela polo cumprimento das normas xurídicas e deportivas, tendo debidamente informados sobre o contido delas ó órganos da Fegada.

g) Prepara as reunións dos órganos da Fegada, levanta acta das súas reunións especificando o nome das persoas asistentes, e das que interviñesen, así como do resultado das votacións é, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado, e as mocións que expresamente se desexe que consten na dita acta. Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións eximirán das responsabilidades que puideran derivarse, se é o caso, dos acordos dos órganos colexiados.

h) É responsable do libro de actas.

i) Expide as certificacións oportunas dos actos dos órganos de goberno é representación.

j) Prepara a memoria anual da Fegada, para a súa presentación a asemblea xeral.

Artigo 32º

Poderán existir outros cargos de carácter administractivo e de xestión coas funcións que especificamente se lle atribúa. Terán o carácter de empregados da federación é poderán acudir ás reunións con voz pero sen voto, cando sexan requiridos polo presidente.

Comisións técnicas de especialidades

Artigo 33º

Constituirase unha comisión técnica por cada unha das especialidades recoñecidas pola Fegada.

As comisións técnicas terán como misión primordial a dirección, promoción e control das actividades da súa especialidade.

Dadas as especiais características das diferentes especialidades aerodeportivas, e as diferencias substanciais e de número de practicantes, cada especialidade elaborará un regulamento de funcionamento interno, de elección e cesamento do seu presidente e órganos de representación así como a convocatoriá

de reunións e tomas de decisións que seguirán os criterios das asembleas xerais da Fegada.

As comisións técnicas, polo menos estarán constituídas por:

1. Tódolos clubs que estean dados de alta no correspondente rexistro federativo e teñan licencias deportivas en vigor.

2. Un número de deportistas, técnicos e xuíces non inferior ó de clubs, que séran elixidos da forma que regulamentaria se estableza.

3. O seu presidente.

O presidente da comisión técnica poderá nomear secretarios, vocais e demais axudantes e colaboradores precisos para o bo funcionamento e desenvolvemento da súa especialidade deportiva.

Artigo 34º

Os presidentes de comisións técnicas son elixidos e cesados polo pleno da correspondente comisión técnica.

Artigo 35º

Corresponde ós presidentes das comisións técnicas:

1 . Elaborar u programa anual de actividades, e competicións autonómicas, que someterán á xunta directiva para os eu coñecemento e tramitación.

2 . Propoñe-la adquisición do material necesario para o desenvolvemento das actividades.

3 . Velar pola preparación técnica dos deportistas, xuíces e técnicos promovendo todas aquelas actividades encamiñadas ó aumento da seguridade no deporte.

4. Cumprir e facer cumpli-los regulamentos propios da especialidade.

5. Aproba-las modificacións dos regulamentos técnicos e de competición.

6. Nomear xuíces para as actividades deportivas.

7. Por delegación e segundo as normas federativas ó respecto, xestionará o orzamento anual da Fegada dedicado a especialidade deportiva correspondente. Para iso terá unha conta financeira no plan de contas da Fegada.

8. Colaborar cos órganos de goberno da Fegada e en especial no tendente a estimula-lo contacto e confraternización entre as diferentes especialidades.

Outros comités

Artigo 36º

Constituirase un comité de técnicos e un comité de xuíces, e os seus presidentes serán nomeados polo presidente da Fegada.

Establecerase un Comité de Disciplina Deportiva, do que o presidente será elixido pola asemblea xeral da Fegada.

Crearanse outros comités que se consideren oportunos para o mellor goberno da federación por acordo da asemblea xeral.

Clubs deportivos aéreos

Artigo 37º

Por club deportivo aéreo, enténdese as asociacións privadas integradas por persoas fisicas ou xurídicas, que teñan por obxecto a promoción dunha ou de varias especialidades deportivas, a práctica delas polos seus asociados, así como a participación en actividades e competicións dos deportes aéreos.

Tódolos clubs e asociacións deportivas das que o fin social primordial ou accesorio sexa a práctica dunha ou máis especialidades deportivas e que cumpran a lexilación en vigor poderanse inscribir no rexistro da Fegada, o recoñecemento para efectos deportivos dun club ou asociación farase mediante a certificación da inscrición no correspondente rexistro do órgano competente en materia deportiva da Xunta de Galicia.

Para participar en competicións oficiais, os clubs terán que se inscribir previamente na Fegada.

Causarán baixa para efectos federativos aqueles clubs que non soliciten durante dous anos consecutivos, licencias federativas expedidas a través da Fegada.

Cada club deportivo, para obte-los beneficios propios da súa pertenza a Fegada, así como para ser elector e elixible para a asemblea xeral terá que estar en posesión de polo menos cinco licencias deportivas que é o minimo legal de persoas integrantes de un club deportivo.

Licencias deportivas

Artigo 38º

Para a participación en actividades ou competicións deportivas oficiais, será preciso estar en posesión da licencia expedida pola Fegada ou Fenda segundo as condicións mínimas que dictan as leis deportivas en vigor e os estatutos de Fenda en materia de licencias deportivas de ámbito estatal.

A cota federativa de cada licencia deportiva será fixada pola asemblea xeral.

Sección cuarta

Réxime económico

Artigo 39º

1. O orzamento deberá elaborarse anualmente correspondendo a súa aprobación á asemblea xeral.

2. Non se poderán aprobar orzamentos deficitarios sen a autorización do órgano competente en materia deportiva da Xunta de Galicia.

Artigo 40º

A Fegada ten seu propio réxime de administración e xestión do orzamento anual e patrimonio.

A adeministración do orzamento responderá ó principio de caixa única e serán de aplicación en todo caso os seguintes regulamentos:

a) A contabilidade axustarase en todo momento ás normas do Plan Xeral de Contabilidade e ás que surdan dos órganos competentes en materia deportiva da Xunta de Galicia.

b) A Fegada pode promover e organizar competicións e actividades deportivas dirixidas ó público, debendo aplica-los beneficios económicos, se os houbese, ó desenvolvemento do seu obxecto social.

c) Poderá gravar, allea-los seus bens imobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos representativos de débeda ou de parte alicuopatrimonial, sempre que os ditos negocios xurídicos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da entidade ou o seu obxecto social. En todo caso cando á súa contía sobrepase o 25% do orzamento anual da Fegada, ademais do acordo da asemblea xeral será imprescindible o informe favorable da autoridade en materia deportiva da Xunta de Galicia. Cando se trate de bens inmobles financiados en todo ou en parte con fondos públicos da Comunidade Autonóma galega, será preceptiva a dita autorización para o seu gravame ou alleamento.

d) Poderá exercer, complementariamente, actividades de carácter industrial, comercial, profesional ou de servicios e destina-los seus bens e recursos ós mesmos obxectivos deportivos, pero en ningún caso poderá repartir beneficios entre os seus membros.

e) Non poderá comprometer gastos de caracter plurianual, sen a autorización previa da autoridade en materia deportiva da Xunta de Galicia, cando o gasto anual comprometido supere o 10% do seu orzamento ou pase do período de mandato do presidente.

Artigo 41º

A xunta directiva elaborará unha memoria na que se incluirá a liquidación do orzamento que analizará fielmente a actividade económica da federación, a súa adecuada actuación orzamentaria, o cumprimento dos obxectivos e dos proxectos que se vaian desenvolver, e de informar separadamente como minimo dos seguintes aspectos.

1. Diferenciación de ingresos e achegas segundo:

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, donativos ou achegas privadas.

c) Vendas en activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos de servicios prestados pola federación, permisos, licencias e outros.

f) Ingresos financeiros.

2. Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo ou investimento seguintes:

a) Administración da federación.

b) Dirección e servicios da directiva, incluíndo viaxes.

c) Competicións.

d) Axudas a clubs e outras entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construccións e outros inmobilizados.

g) Formación de deportistas e técnicos.

h) Deporte de élite e profesional.

i) Xuíces e árbitros.

j) Órganos xurisdiccionais.

3. Constará á súa vez:

a) O importe das obrigas de pagamento que é preciso satisfacer noutros exercicios que non estean previstos no balance.

b) O importe das garantías e dos avais comprometidos.

4. A liquidación do orzamento, que explique as variacións na relación co orzamento aprobado na asemblea anterior.

Artigo 42º

A requirimento da autoridade en materia deportiva da Xunta de Galicia ou da asemblea xeral a Fegada deberá someterse á inspección do seu réxime documental, así como auditorías financeiras sobre a totalidade dos seus gastos.

Artigo 43º

As contas anuais e os orzamentos teñen que estar no domicilio social da Fegada cunha antelación minima de 15 días a celebración da asemblea á disposición das persoas ou entidades con dereito a voto, as cales poden pedir copia, que se lle entregará antes da celebración da asemblea.

Artigo 44º

No caso de disolución da Fegada, o seu patrimonio neto, se o houbese, sería destinado ás actividades que determine o órgano competente en materia deportiva da Xunta de Galicia.

Sección quinta

Réxime disciplinario

Artigo 45º

A Fegada en materia de disciplina deportiva ten potestade sobre tódalas persoas que formen parte da súa estructura orgánica, os clubs deportivos e seus deportistas, técnicos e directivos, xuíces e árbitros e en xeral todas aquelas persoas e entidades que estando federadas, desenvolvan a actividade deportiva correspondente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 46º

A potestade disciplinaria deberá de exercerse no marco establecido nos vixentes estatutos da Federación Española dos Deportes Aéreos (Fenda).

Artigo 47º

Os órganos competentes en materia disciplinaria adscritos á Fegada, actuarán con total independencia, no ámbito do territorio da Comunidade Autónoma galega, sobre as cuestións disciplinarias deportivas nas competicións e actividades oficiais de ámbito autonómico.

Artigo 48º

A comisión técnica de cada especialidade deportiva, nomeará un comité de competición en materia de disciplina deportiva que, en primeira instancia, proporá o Comité de Disciplina Deportiva da Fegada unha resolución.

Artigo 49º

O Comité de Disciplina Deportiva da Fegada estará integrado por tantos membros como especialidades deportivas con actividade recoñecida pertenzan a Fegada, e polo seu presidente.

Cada un dos membros do Comité de Disciplina Deportiva será elixido pola súa respectiva comisión técnica da súa especialidade, que poderá elixi-la persoa idónea na súa especialidade, aínda que non sexa membro da comisión técnica; ten que estar federado. Unha vez elixidos os membros do Comité de Disciplina Deportiva da Fegada, estes designarán o seu presidente na primeira reunión que se celebre.

A composición do comité comunicarase a Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 50º

A duración do mandato dos membros do Comité de Disciplina Deportiva será ata a finalización do mandato da asemblea xeral que os elixa.

Artigo 51º

O Comité de Diciplina Deportiva considerarase validamente constituído coa presencia do presidente e da metade dos seus membros.

No caso de ausencia ou enfermidade do presidente, será substituído polo membro de maior idade,

Artigo 52º

Tras cada reunión, que convocará o presidente ó coñecer un asunto que trate no prazo máximo de trinta días, elaborarase un acta de resolución ó presidente da Fegada que de existir sanción terá que facela efectiva.

Artigo 53º

Ás sesións do Comité de Disciplina Deportiva poderá asistir con voz pero sin voto, o secretario da Fegada en calidade de asesor xurídico.

Artigo 54º

As resolucións dictadas polo comité de apelación dentro das súas competencias terán carácter definitivo no ámbito da Fegada e poderán ser recorridas ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva, conforme a lexislación vixente.

Sección sexta

Procedemento para a reforma dos estatutos

Artigo 55º

Os estatutos da Fegada só poderán ser modificados por acordo da asemblea xeral.

Para iso será preciso que a asemblea xeral sexa debidamente convocada e validamente constituída, especificando na orde do día a aprobación ou modificación estatutaria.

Nestes casos será preceptivo que ó envia-la convocatoria e orde do día ós membros da asemblea xeral, se lles remita como anexo o texto íntegro dos estatutos ou a modificación que se somete a estudio e aprobación se procede.

A modificación poderá ser proposta polo presidente da Fegada, por maioría dos membros da comisión delegada ou por o 25% dos membros da asemblea xeral.

Para aprobar unha modificación estatutaria será necesario o voto favorable da maioría dos membros da asemblea xeral.

Aprobada a modificación trasladarase copia ó órgano competente en materia deportiva da Xunta de Galicia para a súa aprobación, publicación e inscrición no rexistro correpondente. Así mesmo remitirase copia a Fenda.

Facúltase expresamente a xunta directiva de Fegada para que poida incorporar inmediatamnete ós estatutos calquera variación de obrigado cumprimento que puidese ser indicada polas autoridades deportivas da Xunta de Galicia.

Caso de producirse o indicado no parágrafo anterior, a variación será comunicada a tódolos clubs integrados na Fegada, comisións técnicas e darase conta diso na próxima asemblea xeral.

Sección sétima

Réxime documental

Artigo 56º

O réxime documental da Fegada comprenderá os seguintes libros:

Libro de rexistro de clubs, no que constarán as denominación destos, domicilio social, relacións de nomes do seu presidente e xunta directiva , número de licencias deportivas anuais e caquera outro dato que se estime de interese.

Libro de rexistro de técnicos, xuíces e titulacións expedidas, coa súa data de expedición e caducidade. Estes libros pódense dividir por especialidades deportivas, un por cada especialidade.

Libro de actas, onde se consignarán as reunións que celebren pol asemblea xeral, a comisión delegada e a xunta directiva e maila súa comisión permanente; así como os demais órganos colexiados da Fegada. As actas conterán a expresión da data, asistentes asuntos tratados, acordos adoptados, votos particulares e todo aquilo que se acorde que conste de maneira expresa ou cando se solicite expresamente.

Libro de contabilidade, onde figurará tanto o patrimonio como os dereitos e obrigas da Fegada e os seus ingresos e gastos

Libro diario, coa anotación cronóloxica das operacións.

Libro de inventarios e balances.

Calquera dos libros e documentos mencionados poderán substituírse por alternativas que usen medios informáticos, xeralmente aceptados polos órganos pertinentes e conformes coa lexislación en vigor.

Artigo 57º

Os libros a que se refire o artigo anterior, deberán legalizarse no rexixtro mercantil da provincia correspondente ó domicilio social da Fegada.

Especial atención deberá de terse cos libros de actas que se legalizarán en branco igual que o resto dos libros, no caso de levar a contabilidade manual.

Sección oitava

Sistema de responsabilidade dos titulares membros dos órganos da Fegada

Artigo 58º

1. Con independencia de responsabilidades penais, civís e administrativas que de forma xeral consagra o ordenamento xurídico, os membros dos diferentes órganos da Fegada son responsables especificamente dos actos, resolucións ou acordos adoptados por aquel do que formen parte.

2 . Son, así mesmo, nos termos previstos na lexislación deportiva en vigor, nos presentes estatutos e no seu regulamento, polo incumplimento de calquera dos acordos de calquera órgano federativo, norma xeral ou comisión das faltas previdas no réxime disciplinario federativo.

Sección novena

Disolución e liquidación da Fegada

Artigo 59º

A Fegada disolverase:

1. Por decisión da asemblea xeral, adoptada por maioría de dous tercios dos asistentes, referendado por maioría absoluta de tódolos membros da Fegada a través de votación libre, directa e segreta, que deberá ser ratificada polo órgano competente da Xunta de Galicia en materia deportiva.

2 . Por as demais causas que determinen as leis.

No caso de disolución e practicada a oportuna liquidación, o órgano competente en materia deportiva da Xunta de Galicia determinará o destino do patrimonio neto.

Disposición transitoria

Tódolos clubs e entidades deportivas existentes no momento de aprobación dos presentes estatutos serán considerados como integrados na Fegada. Darase un prazo de seis meses, a partir da data de aprobación

dos estatutos pola autoridade en materia deportiva da Xunta de Galicia, para que aqueles que non se encontren debidamente rexistrados no libro de rexistro correspondente o leven a efecto. Transcorrido o dito prazo deixarán de ser considerados como integrados na Fegada.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Calquera votación producida en reunións de órganos de goberno ou estamentos integrados na Fegada, cando non estea expresamente recollida a forma de proceder nalgún dos artigos dos presentes estatutos, efectuarase mediante o sistema de maioría simple de votos presentes. En ningún caso se admitirá o voto por delegación, salvo o regulamentado para clubs.

SEegunda.-Quedan derrogados os anteriores estatutos da Fegada. Igualmente queda derrogada calquera norma ou regulamento de Fegada que no seu contido se opoña as disposicións contidas nos presentes estatutos.

Terceira.-Os presentes estatutos entrarán en vigor o día seguinte ó da notificación da súa aprobación pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, sen prexuizo da súa publicaión no DOG.

Vigo, 2 de setembro de 1996.

Fernando Rguez. Martín

Presidente

Eloy Mourenza Vázquez

Secretario

534