Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-P. Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 20/1996, que ten por obxecto a adquisición de aparellos sanitarios e sistema de potabilización de auga.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos estrada de San Pedro a Catabois, s/n en Ferrol.

c) Número de expediente: C.P. 20/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: aparellos sanitarios e sistema de potabilización de auga.

c) Lotes:

Lote 1. Aparello de electroconvulsións.

Lote 2. Agregómetros de plaquetas.

Lote 3. Densitómetro óseo.

Lote 4. Sistema de ecocardiografía.

Lote 5. Sistema de purificación de auga.

Lote 6. Sistema para filtrado e refrixeración de auga.

d) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 217 do 6 de novembro de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 24.100.000 ptas. (Vintecatro millóns cen mil ptas., IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 17 de decembro de 1996.

b) Contratistas:

* Lotes 1: Vickers Medical España, S.A.

Avda. Mata Piñonera, 2. 28700-S. Sebastián de Reyes (Madrid)

Importe: 1.800.000 ptas.

* Lote 2: Menarini Diagnósticos, S.A.

Vía Trajana, 15. 08930 San Adrián (Barcelona)

Importe: 2.200.000 ptas.

* Lote 3: Emsor, S.A.

r/ Isabel Collbrand, 10-12. Local 144 C. 28050 Madrid.

Importe: 2.800.000 ptas.

* Lote 4: Hewlett-Packard Española, S.A.

Estrada N-VI, Km 16,500. 28230-As Rozas (Madrid)

Importe: 15.500.000 ptas.

* Lote 5: Millipore Ibérica, S.A.

Avda. Llano Castellano, 13. 28034 Madrid

Importe: 785.000 ptas.

c) Nacionalidade: española.

Importe total adxudicado: 23.085.000 ptas.

Ferrol, 17 de decembro de 1996.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

386