Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN 10 xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a prestación de servicios de rehabilitación logopédica na área sanitaria da provincia de Lugo.

O director xeral de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 16.2. do Decreto 64/1996, do 15 de febreiro polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde (DOG. nº 41), acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos mediante o procedemento de concurso seguinte:

Obxecto: prestación de servicios de rehabilitación logopédica na área sanitaria da provincia de Lugo.

Adxudicatario:María Josefa Castro Rodríguez.

O que se fai publico para os efectos do previsto no artigo 94.2 da Lei 13/95, de contratos das administracións públicas e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1997.

Antonio Fdez-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

97-517