Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-P. Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 19/1996, que ten por obxecto a adquisición de aparellos cirúrxicos e lavacentrífuga.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos estrada de San Pedro a Catabois, s/n en Ferrol.

c) Número de expediente: C.P. 19/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: aparellos cirúrxicos e lavacentrífuga.

c) Lotes:

Lote 1. Autoclave esterilizador a vapor.

Lote 2. Esterilizador a baixa temperatura.

Lote 3. Lavacentrífuga de 55 Kg.

Lote 4. Cardiotocógrafo con monitor fetal/materno.

Lote 5. Lavadora instrumental quirófano.

Lote 6. Mesa quirófano columna móbil.

Lote 7. Lámpada cirúrxica con satélite.

d) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 217 do 6 de novembro de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 27.075.000 ptas. (vintesete millóns setenta e cinco mil ptas. IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 17 de decembro de 1996.

b) Contratistas:

* Lotes 1, 2, 5 e 6: Antonio Matachana, S.A.

R/ Almogávares, 174-176. 08018-Barcelona.

Importe: 19.343.460 ptas.

* Lote 3: Girbau, S.A.

Estrada de Manlleu, Km. 1. 08500-Vic (Barcelona).

Importe: 3.271.000 ptas.

* Lote 7: Heraeus, S.A.

r/ Manuel Tovar, 34. 28034-Madrid

Importe: 1.599.650 ptas.

c) Nacionalidade: española.

Importe total adxudicado: 24.214.110 ptas.

Ferrol, 17 de decembro de 1996.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

385