Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 918

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (148/1996).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela e o seu partido, fai sabe que neste xulgado se tramita expediente de dominio número 148/1996-2 por instancia de Olga e Antonio Seoane Gómez, representados pola procuradora Elena Arcos Romero, co fin de reanuda-lo tracto sucesivo do seguinte predio:

Casa sinalada co número seis moderno e oito antigo da Praza do Matadoiro, desta cidade de Santiago de Compostela, composta de planta ou piso baixo e un alto, cunha superficie duns noventa metros cadrados. Linda: pola súa dereita, ó oeste, casa número sete, que foi de Jesús Varela Abella, hoxe de José Pintos Sanmartín; ó leste, esquerda, a número cinco, que foi de Manuel Moreno García-Paz e de José Luis Puente Domínguez; ó norte, fronte ou fachada, coa expresada praza; e de costas, ó sur,

casa da rúa da Virxe da Cerca, que foi dos herdeiros de Juan Lojo, de Bernardo Refojo e Dolores Pazos.

Polo presente edicto son citados como titular catastral os sucesores de Basilisa Gómez García; como titular rexistral os herdeiros de María Josefa Abella Freire; e cantas persoas ignoradas poidan ser afectadas por este expediente e prexudicadas pola inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

539