Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 918

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (2/1997-02).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber, que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 2/1997, por instancia de Lucía Diéguez Freire, contra Joao Manoel Martíns Rocha, e nas súas actuacións en resolución desta data, acordouse citar a Joao Manoel Martíns Rocha co fin de que o día vinte de febreiro, ás once quince horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, e apercíboo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito, e de que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Joao Manoel Martíns Rocha, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o dez de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

298