Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade nas oficinas desta secretaría xeral.

Orzamento máximo: 4.256.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: do 1-3-1997 ata o 28-2-1998.

Fianza provisional: 85.120 pesetas.

Fianza definitiva: 170.240 pesetas.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou nas direccións provinciais correspondentes antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación deste concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores:

No sobre da documentación xeral, a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da proposición económica, a establecida na cláusula 8.4 do grupo de cláusulas administrativas.

No sobre das referencias técnicas, a establecida na cláusula 8.5 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nunha das salas de xuntas da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ás 12 horas do sexto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, a partir do seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina nas dependencias da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, rúa Algalia de Arriba nº 31, Santiago de Compostela.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1997.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil e Medio Ambiente

240