Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997 pola que se fai público o acordo do Consello Rector, do 18 de decembro de 1996, que aproban as bases que rexerán na convocatoria de convenios de producción de espectáculos teatrais con empresas de teatro profesionais.

Obxecto: convenio con compañías ou empresas de teatro galegas de carácter profesional para a producción de espectáculos teatrais.

Orzamento: setenta e seis millóns de pesetas. (76.000.000 de ptas).

Prazo de execución: ata o 31 de marzo de 1998.

As bases da convocatoria e as condicións técnicas particulares así como o modelo de proposición, poderán ser examinados e/ou solicitado o seu envío por correo na sede administrativa do IGAEM, (pavillón de Galicia. San Lázaro. Apartado de Correos 150. Santiago de Compostela).

A presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral do IGAEM (pavillón de Galicia. San Lázaro. Santiago de Compostela), en dous sobres pechados e axustándose ó modelo que se une como anexo as bases, por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Nos quince días seguintes ó remate do prazo, unha comisión de valoración, formada por un presidente e catro vocais designados polo Consello Rector do IGAEM e elixidos entre persoas de recoñecido prestixio do mundo da cultura e das artes escénicas, estudiará as proposicións e elevaralle ó Consello Rector a relación de compañías coas que de acordo cos criterios de selección, este instituto establecerá convenios de producción.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1997.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

179