Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia concurso público para a prestación do servicio de vixilancia e de control de acceso ó aparcamento do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 11.1º e 79.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publícase o seguinte anuncio de concurso público, polo procedemento aberto, para a prestación do servicio de vixilancia e de control de acceso ó aparcamento do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 7/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso público polo procedemento aberto, para a prestación do servicio de vixilancia e de control de acceso ó aparcamento do Parlamento de Galicia.

O contrato sométese ó disposto no artigo 7 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

b) División por lotes e número: non.

c) Duración: catro anos, susceptible de modificación ou prórroga, de mutuo acordo, ata un máximo de seis anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo: oito millóns oitocentas noventa mil ptas. IVE incluído (8.890.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: 177.800 ptas., equivalente ó 2% do orzamento do contrato.

Definitiva: O 4% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, CP 15702.

d) Teléfono: (981) 56 16 00.

e) Telefax: (981) 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata dous días antes da presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

A empresa licitadora deberá:

-Reuni-los requisitos establecidos no artigo 7 da Lei 23/1992, do 30 de xullo, de seguridade privada.

-Figurar inscrita no Rexistro Xeral de Emrpesas de Seguridade do Ministerio do Interior.

-Contar coa correspondente autorización administrativa para o exercicio das funcións de vixilancia e seguridade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De resultar inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se vai presentar: a referida na cláusula administrativa VIII-8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares publicado no BOPG número 573, do 20 de decembro de 1996.

c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

3ª Localidade é código postal: Santiago de Compostela, CP 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

e) Admisión de variantes: non se establecen.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo, nº 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da apertura do sobre B, documentación.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1997.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

0448