Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/194-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. en Edfi. Finvisa-Rutis, Vilaboa.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: ramal L.M.T. subterránea a 15/20 m de lonxitude, en dobre circuíto que se acopla a L.M.T. Grela-Sigrás (expediente 10072) e final no C.T. a construír no edificio Finvisa de 1.000 kVA a 15/20 kV,B-2. Concelo de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

232