Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/187-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. en r/ Federico García Lorca de Vilaboa.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 490 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm, queune os CC.TT. de Vilaboa (expediente 52226) e C.T. Pazo do Souto, (expediente 52795). L.M.T. subterránea que parte do último apoio da L.M.T. aérea a C.T. Vilaboa. Ramallal final na L.M.T. subterránea a C.T. Vilaboa. Ramallal pasando polo C.T. a construír tipo interior de 400

kVA en r/ Federico García Lorca de Vilaboa. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

227