Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/232-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterráneas e C.T., Avda. da Coruña, 32.

Situación: Cerceda.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 1.150 m de lonxitude en conductor R.H.V de 150 mm, que parte da L.M.T. a C.T. Campo da Feira (expediente 51214) e final no C.T. escolas de Cerceda (expediente 7873), pasando polo C.T. que se vai construír, tipo interior na Avda. da Coruña nº 32 de 400 kVA, a 15kV.B-2. Concello de Cerceda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

228