Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de decembro de 1996 polo que se convocan bolsas para a concesión de axudas económicas dirixidas a licenciados universitarios que obteñan ó longo de 1997 unha estadía non remunerada na Comisión Europea.

A Fundación Galicia-Europa convoca 4 bolsas para financia-la estadía en Bruxelas de licenciados

universitarios que sexan aceptados pola Comisión Europea ó longo de 1997 para a realización dunha estadía non remunerada.

Requisitos:

1. Carta da Comisión Europea na que se acepta a solicitude do candidato para a realización dunha estadía non remunerada.

2. Ter expediente académico con media de notable.

3.Coñecemento dunha lingua comunitaria ademais do castelán e do galego.

4. Ter nacido despois do 31-12-1966.

5. Ter residencia en Galicia.

6. Te-la nacionalidade dun dos estados membros da Unión Europea.

7. Terán preferencia aqueles candidatos que realizasen estudios post-universitarios en relación con temas comunitaros.

Duración da bolsa:

5 meses por estadía.

Contía da bolsa:

A contía da bolsa será de 35.000 FB/mes para aloxamento e manutención. Os gastos de transporte e seguros serán por conta dos candidatos seleccionados.

Data de presentación da solicitude da bolsa:

A Comisión Europea convoca anualmente dous períodos de estadías de cinco meses cada un. A solicitude de bolsa á Fundación Galicia-Europa poderá ser presentada a partir do momento no que o interesado teña constancia escrita da Comisión Europea de ser aceptado para a realización da estadía nun dos períodos convocados.

Selección:

A Fundación Galicia-Europa realizará a selección dos candidatos en función dos méritos acreditados por estes. No primeiro período concederanse como máximo 2 bolsas.

Información e presentación das solicitudes:

Xunto coa solicitude da bolsa, segundo o modelo do anexo I, deberá presentarse expediente académico, currículum vitae e demais documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos.

As solicitudes deberán presentarse na Fundación Galicia-Europa, casa da Parra, praza da Quintana s/n, 15704 Santiago de Compostela, teléfono: (981) 54 58 29; número de fax: (981) 56 26 46; horario de 9h. a 14h.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

e Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa

367