Segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese a notificarlle a Virginia Moreda García con NIF 36077700-S, con último domicilio coñecido en r/ Sanjurjo Badía nº 208, portal 1, 2º E de Vigo.
Imposto: transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Período: 1991.
Concepto: compravenda de predio sito en Hío-Cangas. Acta de inspección nº 1095.4, modelo A02, incoada con data 28 de outubro de 1996 segundo o seguinte detalle:
Base impoñible: 17.700.000:2= 8.850.000.
Cota 6%: 531.000.
Sanción 60 por 100: 318.600.
Intereses de demora (1): 325.016.
Total débeda tributaria: 1.174.616 pesetas.
(1) 1.408 días ó 12%= 245.802 e 495 días ó 11%= 79.214.
A inspección advírtelle á interesada o seu dereito para presentar perante o xefe do Servicio de Inspección Tributaria a través da Secretaría Administrativa de Inspección as alegacións que considere oportunas, logo da posta de manifesto do expediente se así o desexa, dentro do prazo dos quince días seguintes ó sétimo posterior á data da publicación deste anuncio, servindo a devandita acta para a iniciación do expediente ó que se refire o apartado primeiro do artigo 146 da Lei xeral tributaria.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 1997.
Francisco Lozano Rodríguez
Delegado territorial de Pontevedra
349