Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 878

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (308/1996).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifica que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo número 308/1996 por instancia da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra P y C Producción y Comercio, S.L., Fernando Méndez López e Mercedes Isabel Varela Carreira, e nas súas actuacións dictou a presente sentencia con data doce de

decembro de mil novecentos noventa e seis, co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, vistos os presentes autos de xuízo executivo 308/1996 seguidos perante este xulgado, entre partes dunha, como demandante, Caixa de Aforros Municipal de Pontevedra co procurador García-Piccoli Atanes e, como demandados, P y C Producción y Comercio, S.L. Fernando Méndez López e Mercedes Isabel Varela Carreira.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, facer trance e remate dos bens embargados a P y C Producción y Comercio S.L. e Fernando Méndez López e Mercedes Isabel Varela Carreira e co seu producto enteiro, cumprido o pagamento á parte demandante da cantidade de 1.025.600 ptas. importe e custas, pagamento ó que debo condenar e condeno os demandados. E dada a rebeldía dos demandados, notifíqueselles, na forma previda na lei, de non se pedir dentro dos tres días seguintes á notificación persoal.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado no termo de cinco días contados desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación en forma a P y C Producción y Comercio, S.L., con domicilio en rúa Alfredo Brañas nº 18, local 17, de Santiago de Compostela e Fernando Méndez López con domicilio en rúa San Pedro de Mezonzo nº 44, 7º A, de Santiago de Compostela, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o 17 de decembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

272