Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 878

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (402/1996).

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramita co número 402/1996, expediente de dominio, por instancia de María del Carmen Moure Alonso, representada polo procurador Cuns Núñez, para a inmatriculación no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, por reanudación do tracto sucesivo do seguinte predio:

Labradío, no barrio de Guadalupe, concello de Santiago de Compostela, chamado O Cendal, que mide cinco áreas e cincuenta e nove centiáreas. Linda: norte, casa e terreo de Jesús Moure Gigirey, hoxe desta propiedade; sur, Ramón Montero Martínez; leste, herdeiros de José Suárez Vahamonde, hoxe Consuelo Seoane Rúa; e oeste, estrada, hoxe rúa Federico García Lorca.

E por medio do presente edicto son citadas as persoas ignoradas ás que lles poida prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que dentro dos dez días seguintes ó da publicación, poidan comparecer ante este xulgado e alega-lo que ó seu dereito conveña.

Dado en Santiago de Compostela o doce de decembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

67