Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 848

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 17 de xaneiro de 1997 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 1997.

A Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, fixa a contía das retribucións para o dito exercicio correspondentes ós funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Coa finalidade de facilita-la confección das nóminas que se elaborarán para aboa-las mencionadas retribucións, esta consellería considera oportuno dicta-las seguintes instruccións en relación coas nóminas para o ano 1997, que se limitan a aplica-lo disposto na dita disposición e nas precedentes polo que respecta ás súas normas de vixencia indefinida, así como nas demais normas reguladoras do réxime retributivo do persoal ó servicio da Administración autonómica.

Por todo isto, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Instruccións sobre a contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988.

1.-De conformidade co establecido no artigo 9.1º da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, as retribucións básicas e o complemento de destino para percibir no dito ano polos funcionarios que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, manterán os mesmos importes recoñecidos para o exercicio 1996, segundo as contías que se detallan nos anexos I e II da presente orde.

2.-Polo que respecta ós complementos específicos, pola súa contía non experimentará variación ningunha respecto da aprobada para o exercicio de 1996, sen prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 10.a) da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1997.

En consecuencia, a contía dos citados complementos será a que figura na táboa que se detalla no anexo III da presente orde.

3.-A contía das retribucións do persoal docente non universitario establecidas por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de xaneiro de 1992 tampouco experimentará variación en relación coas recoñecidas o 31 de decembro de 1996 e son as que se reflicten no anexo IV desta orde.

4.-Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º

da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absorbidos por calquera mellora retributiva incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, en ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios.

Segundo.-Devengo de retribucións.

1.-A diferencia, en cómputo mensual, entre a xornada regulamentaria de traballo e a efectivamente realizada polo funcionario dará lugar, salvo xustificación, á correspondente deducción proporcional de haberes.

Para o cálculo do valor hora aplicable á dita deducción tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, a súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña obrigación de cumprir, de media, cada día.

No caso de toma de posesión no primeiro destino, no de cesamento no servicio activo, no de licencias sen dereito a retribución e, en xeral, nos supuestos de dereitos económicos que normativamente deban liquidarse por días, ou con reducción ou deducción proporcional de retribucións, deberá aplicarse o sistema de cálculo establecido no parágrafo anterior.

2.-Cando, con suxeición á normativa vixente, o funcionario realice unha xornada inferior á normal, a contía das súas retribucións determinarase na forma prevista nas normas dictadas para a aplicación do réxime retributivo a que estea suxeito.

Os funcionarios que realicen unha xornada de traballo disminuída en 1/3 ou en 1/2, de acordo co disposto no artigo 70 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril, experimentarán unha reducción de 1/3 ou 1/2, respectivamente, sobre a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias, con inclusión dos trienios.

3.-As retribucións básicas e complementarias que se teña dereito a percibir con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e dereitos do funcionario referidos ó primerio día hábil do mes a que correspondan, agás nos seguintes casos, en que se liquidarán por días:

a) No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma nun corpo ou escala, no de reingreso ó servicio activo e no de incorporación por conclusión de licencias sen dereito a retribución.

b) No mes de iniciación de licencias sen dereito a retribución.

c) No mes en que se cese no servicio activo na Comunidade Autónoma, agás que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro de funcionarios suxeitos ó réxime de clases pasivas do Estado e, en xeral, a calquera réxime de pensións públicas

que se devenguen por mensualidades completas desde o primeiro día do mes seguinte ó do nacemento do dereito.

4.-As pagas extraordinarias devengaranse o primeiro día hábil dos meses de xuño e decembro e con referencia á situación e dereitos do funcionario nas ditas datas, agás nos seguintes casos:

a) Cando o tempo de servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma ata o día en que se devengue a paga extraordinaria non comprenda a totalidade dos seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria reducirase proporcionalmente, computando cada día de servicios prestados no importe resultante de dividi-la contía da paga extraordinaria que na data do seu devengo lle correspondera por un período de seis meses entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente.

b) Os funcionarios en servicio activo que se encontren desfrutando de licencia sen dereito a retribución nas datas indicadas devengarán a correspondente paga extraordinaria, pero a súa contía experimentará a reducción proporcional prevista no parágrafo a) anterior.

c) No caso de cesamento no servicio activo na Comunidade Autónoma a última paga extraordinaria devengarase o día do cesamento e con referencia á situación e dereitos do funcionario na dita data pero en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, excepto que o cesamento sexa por xubilación, falecemento ou retiro dos funcionarios a que se refire o apartado segundo 3.c), neste caso, os días do mes no que se produce o dito cesamento computaranse como un mes completo.

Para os efectos previstos na presente orde, o tempo de duración de licencias sen dereito a retribución non terá a consideración de servicios efectivamente prestados.

Se o cesamento no servicio activo se produce durante o mes de decembro, a liquidación da parte proporcional da paga extraordinaria correspondente ós días transcorridos do dito mes farase de acordo coas contías das retribucións básicas vixentes nel.

O persoal que preste servicios na Comunidade Autónoma percibirá as pagas extraordinarias segundo os servicios efectivamente prestados nela, computándose para estes efectos como se tódolos servicios prestados polo funcionario na Comunidade Autónoma fosen na última consellería, organismo ou centro ó que estivese adscrito e en situación de activo o primeiro día hábil dos meses de xuño ou decembro.

Terceiro.-Descontos.

1.-No ano 1997, a porcentaxe de cotización que se aplicará ós mutualistas das mutualidades xerais de funcionarios será do 1,69% sobre a base de cotización establecida como haber regulador para efectos de cotización de dereitos pasivos.

No anexo V da presente orde exprésanse as cotas mensuais de cotización dos funcionarios á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, MUFACE, que corresponden ó tipo do 1,69%.

2.-As cotas de dereitos pasivos que os habilitados de persoal deben reter en nómina cada mes continuarán sendo do 3,86% dos haberes reguladores pasivos que fixa a Lei de presupostos xerais do Estado para 1997, de modo que para tódolos funcionarios do mesmo corpo, escala, emprego ou categoría, calquera que sexa a súa antigüidade no servicio do Estado, a cota supón unha cantidade única e idéntica.

Estas cantidades, en cómputo mensual, reflíctense, así mesmo, no anexo V da presente orde.

O persoal funcionario que estivera suxeito ó Réxime Xeral da Seguridade Social continuará cotizando de acordo con este sistema.

3.-As cotas de dereitos pasivos e de cotización dos mutualistas ás mutualidades xerais de funcionarios correspondentes ás pagas extraordinarias reduciranse na mesma proporción en que se minoren as ditas pagas como consecuencia de aboarse estas en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, calquera que sexa a data do seu devengo.

As cotas a que se refire o parágrafo anterior correspondente ós períodos de tempo no que se desfrute licencia sen dereito a retribución non experimentarían reducción na súa contía.

Cuarto.-Outras instruccións.

1.-As retribucións do persoal laboral da Comunidade Autónoma non experimentarán incremento ningún en relación ás aprobadas para o exercicio de 1996 e son as que figuran no anexo VI da presente orde.

O plus do convenio deste persoal será o que figura, no seu caso, nas relacións de postos de traballo aprobadas polos respectivos acordos do consello da Xunta de Galicia.

2.-Os complementos persoais e transitorios e demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto na Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1997.

3.-Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo en que estea incluído o corpo no que ocupen vacante, e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen.

4.-As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria décima da Lei 4/1988, do 26 de maio, introducida pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, mentres non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, serán as mesmas que viñan percibindo en 1996.

5.-De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, cando non sexan de aplicación as retribucións establecidas no artigo 14 da dita lei, continuaranse percibindo as mesmas retribucións que no ano 1996.

6.-Os funcionarios de carreira que cambien de posto de traballo na Comunidade Autónoma excepto nos casos previstos na letra a) do artigo 15 da Lei 13/1988 terán dereito durante o prazo de toma de posesión á totalidade das retribucións tanto básicas como complementarias, de caracter fixo e periodicidade mensual.

Para a aplicación do disposto na presente orde, no caso de que o termo do dito prazo se produza dentro do mesmo mes en que se efectuou o cesamento, as citadas retribucións faraas efectivas a dependencia que dilixencie o dito cesamento e, de conformidade co disposto no referido artigo 15, por mensualidade completa e de acordo coa situación e dereitos do funcionario referidos ó primeiro día hábil do mes no que se produza o cesamento. Se, polo contrario, o dito termo recaese en mes distinto ó de cesamento, as retribucións do primeiro mes faranse efectivas da forma indicada e as do segundo aboaraas a dependencia correspondente ó posto de traballo ó que se accede, así mesmo por mensualidade completa e na contía correspondente ó posto en que se tomou posesión, sen perxuízo do disposto nas letras b) e c) do citado artigo 15 da Lei 13/1988.

7.-Os titulares de postos de traballo que se supriman nas relacións de postos continuarán percibindo, ata que sexan nomeados para desempeñar outros postos de traballo e durante un prazo máximo de tres meses contados a partir da data en que produciu efectos económicos á citada supresión, co carácter de a conta do que lle corresponda polo novo posto de traballo, as retribucións complementarias correspondentes ó posto suprimido, sen que proceda ningún reintegro, no caso de que as cantidades percibidas a conta fosen superiores.

8.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo dos anticipos reintegrables a funcionarios, entenderanse sempre feitas ás retribucións básicas e complementarias que estes perciban nos seus importes líquidos.

9.-No caso de adscrición, durante 1997, dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo ó que se adscriba, este percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que deberá autoriza-la Consellería de Presidencia e Administración Pública por proposta de consellería interesada.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

10.-A provisión de postos de traballo a desempeñar polo persoal funcionario ou a formalización de novos contratos de persoal laboral fixo, así como a modificación da categoría profesional destes últimos, requirirá que os ditos postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo, e que o seu custo en cómputo anual estea dotado orzamentariamente ou, no seu defecto, o autorice a Consellería de Economía e Facenda.

En calquera caso, a provisión de postos de traballo de persoal funcionario requirirá a plena observancia do disposto na normativa vixente sobre incompatibilidades.

11.-A alta en nómina do persoal laboral temporal e interino deberá, en todo caso, ir acompañada da autorización establecida no apartado tres da disposición transitoria segunda da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

12.-As referencias relativas ás retribucións contidas na presente orde entenderanse sempre feitas a retribucións íntegras, agás no previsto no apartado 4.8 dela.

13.-As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta de Galicia e imputaranse ó concepto orzamentario 100.00 dentro do programa correspondente. Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

14.-As retribucións do persoal eventual non experimentarán incremento ningún respecto das que viñan percibindo en decembro de 1996.

15.-Así mesmo, e con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1997 as retribucións do persoal que desempeñe algún posto de traballo no Servicio Galego de Saúde, Sergas, dos dotados no seu orzamento de gastos do presente ano, conforme o anexo de persoal correspondente, non experimentarán incremento ningún respecto ás fixadas para o exercicio de 1996.

En consecuencia, as retribucións do persoal estatutario e persoal MIR, serán as que se detallan no anexo VII da presente orde.

O persoal estatutario procedente do Instituto Social da Mariña, transferido á Comunidade Autónoma polo Real decreto 212/1996, do 9 de febreiro, percibirá as súas retribucións básicas e complementarias nas contías que establece a normativa que lles resultase de aplicación ata o momento da transferencia.

16.-O persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario ó que lle resulte de aplicación o acordo sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo, publicado pola resolución conxunta do 26 de xaneiro de 1996 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, percibirá o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade, modalidade de quendas, conforme o réxime previsto na

devandita disposición e demais de desenvolvemento, nas contías que figuran no anexo VIII.

Así mesmo, o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade ordinario correspondente ás categorías sinaladas no apartado segundo 3) da devandita disposición, percibirase en función do réxime de quendas concorrente e nos importes sinalados no anexo IX.

17.-O persoal estatutario das unidades e servicios de atención primaria ás que fai referencia o artigo 1º do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación de atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, percibirá ademais das retribucións recollidas no anexo VII, como complemento de productividade fixa, os importes correspondentes conforme os factores e criterios recollidos no apartado a) do artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria e que figuran no anexo X.

18.-Con respecto ás retribucións do persoal estatutario que percibe o seu salario polo sistema de cota, non sufrirán ningunha modificación con respecto ás percibidas no ano 1996. Os premios de antigüidade correspondente ó persoal de cota e zona rexeranse pola súa normativa específica. Os ditos premios de antigüidade faranse efectivos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte á data na que se complete o período de tres anos, necesarios para o seu perfeccionamento.

19.-As retribucións correspondes ó complemento de atención continuada serán as recollidas no anexo XI.

20.-As contías das indemnizacións por razón do servicio serán as reguladas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro, coas súas correspondentes revisións se houber lugar.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

Funcionarios que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, do 26 de maio.

Retribucións básicas
Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A152.0375.838
B129.0384.670

Retribucións básicas
Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

C96.1893.505
D78.6512.340
E71.8021.755

As pagas extraordinarias se devengaranse en igual contía, cada unha delas, a unha mensualidade de soldo e trienios, agás nos casos previstos no apartado 2.4 da presente orde.

ANEXO II

Funcionarios que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, do 26 de maio.

Complemento de destino

Nivel de complemento

de destino

Contía mensual

30133.503
29119.751
28114.714
27109.676
2696.219
2585.368
2480.331
2375.296
2270.257
2165.230
2060.593
1957.496
1854.402
1751.306
1648.215
1545.119
1442.026
1338.930
1235.834
1132.743
1029.648

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada no presente anexo será modificada nos casos en que así proceda de acordo coa normativa vixente, sen que iso implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

ANEXO III

Nivel de complemento

de destino

Complemento específico

(mensual)

30185.763
28(A)136.592
28(B)114.737
26109.274
2595.614
2484.687
2265.563
2049.173
1843.709
1640.979
1438.245
1235.513
1032.783

Os complementos específicos que a 31 de decembro de 1996 non tivesen a súa contía relacionada no presente anexo non experimentarán variación ninguna durante 1997.

ANEXO IV

Profesorado dos centros de ensino básico, bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.

1º. Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais de compoñente xeral do complemento específico:

GrupoNivel de

complemento

de destino

Compoñente

xeral do

Compl. específico

ptas./mes

Catedráticos de música e artes escénicas e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, coa condición de catedráticos.A2652.112
Profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicas.A2445.294

GrupoNivel de

complemento

de destino

Compoñente

xeral do

Compl. específico

ptas./mes

Profesores técnicos de formación profesional e mestres de taller de artes plásticas e deseño.B2445.294
MestresB2145.294

2º. Compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersonais de goberno e polo desempeño de postos de traballo docentes singulares.-As contías deste compoñente a partir do 1 de xaneiro de 1997 serán as recoñecidas a 31 de decembro de 1996.

3º. O importe mensual do compoñente do complemento específico por formación permanente dos funcionarios de carreira docentes é o siguiente:

1º período: 8.076 ptas./mes.

2º período: 10.383 ptas./mes.

3º período: 13.845 ptas./mes.

4º período: 19.614 ptas./mes.

5º período: 5.768 ptas./mes

ANEXO V

Cotas mensuais de cotización dos funcionarios á mutualidade xeral de funcionarios civís do Estado correspondentes ó tipo do 1,69 por 100.

GrupoCota mensual

A5.393
B4.245
C3.260
D2.579
E2.199

Nos meses de xuño e decembro abonarán tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no apartado terceiro punto 3 da presente orde.

Cotas mensuais de dereitos pasivos dos funcionarios civís do Estado para o 3,86 por 100 do haber regulador.

GrupoCuota mensual

A12.319
B 9.695
C 7.446
D 5.891
E 5.023

Nos meses de xuño e decembro tódolos funcionarios abonarán cota dobre, agás nos casos previstos no apartado terceiro punto 3 da presente orde.

ANEXO VI

Táboa salarial por grupos

GrupoRetribucións básicas

brutas anuais

(14 meses)

I.-Titulados superiores.3.445.694
II.-Titulados de grao medio.2.876.846
III.-Especialistas e encargados.2.309.888
IV.-Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª.1.957.270
V.-Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados.1.703.016
As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51 e 52 do grupo III percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de107.072
As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 10a, 10b, 10c e 10d do grupo V percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de51.366

Complementos salariais

Trienio3.932 ptas./mes
Plus de perigosidade10.826 ptas./mes
Plus de toxicidade10.826 ptas./mes
Plus de penosidade10.826 ptas./mes
Plus de dispoñibilidade horaria54.129 ptas./mes

ANEXO VII

Retribucións básicas

Importe mensual

GrupoSoldoTrienios

A152.0375.838
B129.0384.670
C96.1893.505
D78.6512.340
E71.8021.755

Retribucións complementarias

NivelC. mensual

30114.431
29102.643
2898.326
2794.008
2682.473
2573.172
2468.855
2364.539
2260.220
2155.911
2051.936
1949.282
1846.630
1743.976
1641.327
1538.673
1436.022
1333.368
1230.714
1128.065
1025.412

As pagas extraordinarias devengaranse en contía igual cada unha delas a unha mensualidade de soldo e trienios.

A contía anual do complemento de destino percibirase distribuída en 14 pagas.

97-398