Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 818

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (58/1996-01).

Eu, Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas 58/1996, seguido pola falta de furto, no que foron partes, como denunciante, José Carballeira Chaves e, como denunciados, Carlos Alberto Lisboa e José Albano Bernardo Afonso, se dictou sentencia, coa decisión seguinte:

«Que debo absolver e absolvo a Carlos Alberto Lisboa e José Albano Bernardo Afonso, da presunta falta á que se refire o presente procedemento, declarando as custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a derradeira notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Carlos Alberto Lisboa, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 17 de decembro de 1996.

O secretario

Rubricado

9554