Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 818

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (131/1996-01).

Eu, Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 131/1996, seguido por unha falta de desobediencia a axente da autoridade, no que foron partes, como denunciantes Ramón Creo Blan

co, José Luis Cotelo Felpeto, José Manuel Rodríguez Mourelle e José Carlos Rey Ares e, como denunciado, Juan Ramón Calvo Pérez, dictouse sentencia coa decisión que di o seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Juan Ramón Calvo Pérez, como autor penalmente responsable dunha falta de desobediencia a axente da autoridade, á pena de multa de 10 días, cunha cota diaria de 300 pesetas, que se satisfará dunha soa vez mediante ingreso na conta de consignacións deste xulgado, e facilitaráselle o seu número para tal fin, e o pagamento das custas.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Juan Ramón Pérez, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1996.

O secretario

Rubricado

61