Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 817

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

CÉDULA de notificación de sentencia (310/1995).

Eu, Luis Diego Hernández Espino, secretario da Administración de xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo e o seu partido xudicial.

Certifico que no libro de sentencias deste xulgado consta a dictada nos autos de xuízo de cognición, seguidos co número 310/1995, entre as partes que logo se dirán, e co encabezamento e decisión que di:

«Sentencia. Na cidade de Vigo o cinco de novembro de mil novecentos noventa e seis, vistos por Francisco Javier Romero Costas, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos de Vigo e o seu partido xudicial, os autos de xuízo de cognición, 310/1995, seguidos por instancia de Real Club Náutico de Vigo, con DNI/CIF G-36612752, domiciliado nas Avenidas, s/n (Vigo), representado pola procuradora Gloria Quintas Rodríguez, e dirixido polo letrado J.M. Cirado del Rey, contra José María Álvarez Suárez, con derradeiro domicilio coñecido en rúa José Antonio, nº 5-1º, teléfono: 908/18 62 84 (Ourense), e na actualidade en paradoiro descoñecido, sobre reclamación de cantidade; e

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo, estimando a demanda formulada pola procuradora Gloria Quintas Rodríguez en nome e representación do Real Club Náutico de Vigo contra José María Álvarez Suárez, déboo condenar e condeno a que lle aboe á demandante a suma de 224.084 ptas. mailos xuros legais da dita cantidade, previsto no artigo 921 da LAC e ó pagamento das custas procesuais.

Así, por esta miña sentencia, que será firme se contra ela non se interpón recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes á súa notificación perante este órgano xudicial, por medio de escrito no que se exporán as alegacións en que se basee a impugnación, pronúncioo, mándoo e asínoo. Francisco Javier Romero Costas. Asinado e rubricado».

A anterior sentencia foi dada, lida e publicada polo maxistrado-xuíz que a dictou o mesmo día da

súa data, achándose celebrando audiencia pública. E para que así conste, en cumprimento do acordado, co fin de que lle sirva de notificación ó demandado rebelde José María Álvarez Suárez e se publique no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Vigo o vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9700