Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 817

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (90/1996-I).

En cumprimento do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, María Salomé Martínez Bouzas, no xuízo verbal de faltas 90/1996 que se segue neste xulgado por lesións, cítase en legal forma a Juan Francisco Rey Santamaría e Clara García Pose, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 12 de febreiro de 1997, ás 11.45 horas, comparezan perante a sala de audiencia deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndoos de que, de non compareceren, recaerán sobre eles prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberán acudir cos medios de proba de que intente valerse.

E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido e asino a presente cédula en Ribeira o vinte de decembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

159