Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 812

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de xaneiro de 1997 pola que se exclúen os opositores que se citan da relación de aprobados nos procedementos selectivos convocados por Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19).

Por Orde do 6 de agosto de 1996 (DOG do 23) fíxose pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, entre outros na Comunidade Autónoma de Galicia.

Revisada a documentación presentada polos interesados procede excluír das listas de aprobados os opositores que se relacionan polas causas que se indican.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Excluír do anexo II da citada orde a Hubert Sanguinet, nº DNI/pasaporte XE09632, disciplina francés, e a Cristina Isabel Alonso Álvarez, DNI 36060275, disciplina música, ambos por non reuniren o requisito de posuí-lo título profesional de especialización didáctica a que se refire o artigo 24.2º da Lei de ordenación xeral do sistema educativo ou do certificado de aptitude pedagóxica.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria

402